Thursday 16 de May de 2024

O concello mellora a estrada de Montemaior entre os núcleos de Baiuca e A Pena


O proxecto está valorado en 65.000 euros.

Continuando co plan de mellora da rede viaria municipal, o Concello ten en fase de execución unha intervención que afecta á estrada rural da parroquia de Montemaior que comunica os lugares da Baiuca e A Pena, incluíndo tamén a pavimentación nese último núcleo.

A intervención consiste na renovación completa da superficie de rodadura dos vehículos coa aplicación dunha nova capa de aglomerado asfáltico. Ademais, contémplase a adecuación das cunetas e o aproveitamento dos sobreanchos para ampliar a plataforma da calzada.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Pablo Cambón, realizaron unha visita ao lugar das obras para coñecer o resultados dos traballos que se están a executar e que afectan a un lonxitude lineal de case setecentos metros.

O proxecto, valorado en 65.000 euros, culminarase coa sinalización horizontal e vertical para o reforzamento da seguridade viaria.